Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A bonificación do prezo do segundo fillo en escolas infantís votarase maña no pleno teense

Na orde do día está incluída a proposta de festivos locais para o 2021

Teo. A corporación teense reúnese este mércores 29 de setembro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello.

Na sesión votarase a modificación da ordenanza do prezo das escolas infantís municipais para recoller a bonificación do prezo no caso do segundo fillo. Tamén se leva a proposta de festivos locais que recolle que sexan o 13 de maio, Día da Ascensión e o 11 de novembro, Día do San Martiño.

Outros asuntos para o debate son unha moción do BNG sobre a utilización dos fondos municipais por parte do goberno estatal e outra do PSdeG-PSOE sobre o protocolo fronte ao covid na volta ás aulas.

29 sep 2020 / 17:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.