Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
23:57
h

A charca educativa do IES de Ames quedou ampliada

A Maía. O departamento de Medio Ambiente amesán, a través da Aula da Natureza, participou na ampliación e remodelación da balsa creada o pasado ano no IES de Ames co proxecto educativo Charcas con vida, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

Na actividade participou o alumnado de Paisaxismo de 1º da ESO, que desenvolve labores de fenoloxía no entorno do centro educativo, que aprendeu que as charcas son grandes reservas de biodiversidade e conforman ecosistemas de gran valor, malia que en moitas ocasións non son preservadas nin tomadas en conta para o seu estudo. Estes espazos, que poden chegar a formarse de xeito natural ou artificial, serven como refuxio para algunhas das especies máis ameazadas de anfibios, invertebrados e plantas acuáticas. Noutras ocasións, son empregados como corredores biolóxicos entre varios hábitats, ou mesmo como lugar de descanso para diversas especies. M. Outeiro

28 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.