Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
00:46
h

A construción e máis os servizos concentran os preto de dous mil parados amesáns

Constan como demandantes de emprego mil duascentas mulleres no concello maián fronte a só oitocentos homes

Ames. A concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ames informa que, segundo vén de publicar o Servizo Público de Emprego Estatal, o SEPE, durante o pasado mes de marzo baixou o paro en Ames en 82 persoas. E no que atinxe ao mes anterior, o de febreiro, o número de desempregados era de 2.095, polo que despois de descender o paro en 82 persoas, na actualidade hai 1.983 persoas (808 homes e 1.175 mulleres) sen traballo no concello de Ames. E tamén suliña que o sector servizos, con 1.558 persoas desempregadas, é o máis castigado, seguido do da construción.

Dende o Concello de Ames desenvólvense programas integrados e obradoiros duais de emprego, compartidos co de Brión, e que contan con financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, co obxectivo de insertar no mercado laboral a aquelas persoas que participan nestes programas formativos.

Segundo o último informe do Servizo Público de Emprego Estatal, o número actual de persoas desempregadas no mes de marzo de 2021 en Ames é de 1.983, fronte ás 2.095 do mes de febreiro. Isto supón un descenso de 82 persoas e que a taxa de desemprego baixou no último mes un 5,35 %. As mulleres superan aos homes como demandantes de emprego: 1.175, fronte a 808. O sector máis castigado é o de servizos, con 994 mulleres demandantes de emprego e 564 homes. Séguelle o sector da construción con 108 homes en paro e 11 mulleres.

Por tramos de idade, a maior taxa de paro entre os homes está entre as persoas de entre 55 e 59 anos, con 131 persoas. No tramo de idade de entre 50 e 54 anos hai 113 desempregados e entre os maiores de 59 hai 105 homes sen traballo. En canto ás mulleres, concéntrase no tramo de 45 a 49 anos con 189 afectadas, seguido do de 40 a 44 anos, con 182, e 155 no de 50 a 54 anos. m. outeiro

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.