Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A excursión a Marín do 29 inclúe lianas e rocódromo

A MAÍA. O departamento de Mocidade amesán organiza unha xornada no Ecoparque Multiaventura (Marín-Pontevedra) para o 29 de maio, sábado, onde a mocidade poderá gozar de catro circuítos suspendidos nas árbores con máis de setenta xogos e dunha xornada de aventura salvando diversos obstáculos como lianas, tirolinas, rocódromo, redes, pontes de mono, troncos, táboas...

O prazo de inscrición, que comezará este martes dí acatro, estará aberto ata o once de maio. As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición e envíala ao enderezo omix@concellodeames.gal. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil. Haberá servizo de autobús con saída dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 15.00 horas, e dende a casa da cultura do Milladoiro ás 15.15. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando ao Milladoiroás 20.30 horas e a Bertamiráns ás 20.45 horas. m. manteiga

04 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.