Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Fundación Rosalía presenta o 5º ‘Follas Novas’

Padrón. A Fundación Rosalía de Castro presenta mañá na capital galega, a partir das 19.00 horas no Museo do Pobo Galego, o número 5 da revista de estudos rosalianos, Follas Novas.

Será nun acto que contará coa intervención do director da revista, Xosé Luís Axeitos; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e a concelleira de Cultura de Santiago, Mercedes Rosón, cuxo Concello patrocina a edición.

Segundo a información facilitada pola entidade, neste quinto número de Follas Novas atópanse artigos e investigacións de expertos en Rosalía de Castro, tanto a nivel nacional como internacional.

É o caso de Germán Labrador, da Princeton University (EEUU), de Fernando Cabo Aseguinolaza (USC), Pilar García Negro (UDC), Aurora López e Andrés Pociña (Universidade de Granada), Ángeles R. Fontela (USC) ou Diego Rodríguez (Fundación Barrié), entre outros.

TEMÁTICA. Segundo explican desde a Fundación da escritora, a temática vai desde Rosalía de Castro, póstuma de Cabo Aseguinolaza; a Pardo Bazán; as paisaxes fundacionais de Rosalía de Castro; Rosalía nas artes visuais; a correspondencia rosaliana; Murguía e os seus editores, entre outros temas.

Indicar, finalmente, que alén da revista en papel, para os interesados nela é posible descargar en pdf os seus contidos na web da Fundación, http://follasnovas.rosalia.gal. arca

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.