Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Galiña Azul do Milladoiro mellora o seu patio grazas ao Concello

Retiráronse as lousas de caucho e renovouse tamén a terra, céspede e o sistema de rego

A Maía. O patio da Escola Infantil A Galiña Azul do Milladoiro vén de ser arranxado cun investimento da concellaría de Educación de Ames que superou os 6.000 euros. Entre as actuacións desenvolvidas, constan a retirada das lousas de caucho deterioradas, reposición da terra vexetal e céspede e reparación do sistema de rego.

As obras realizáronse todas no patio exterior da escola, comezando pola retirada das lousas de caucho que estaban en mal estado, pero tamén houbo un aporte de terra vexetal e herba, ademais de solventar os problemas que tiña o sistema de rego, sen esquencer a reposición de area no areeiro, todo elo por 6.283,35 euros (con IVE).

“A concellaría de educación realizou estas actuacións necesarias de reparación e mantemento do patio exterior por un importe superior aos 6.000 euros, de conformidade co convenio asinado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para o co financiamento da Rede de Escolas Infantís Galiña Azul do Milladoiro”, manifesta oedil de Educación, David Santomil.

Hai que lembrar que o concello de Ames conta cunha segunda Galiña Azul en Bertamiráns, unha das últimas dotacións educativas construídas, pero tamén escolas municipais nas dúas urbes e unha Escola de Educación Infantil na Travesía do Porto. Falta agora que comecen as obras, Educación prevé que ocorra no vindeiro ano para dotar a O Milladoiro dun colexio, xa que ante a falla de oferta, a rapazada ten que acudir a Ventín ou Calo. m.m.

22 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.