Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A industria forestal galega sobreviviu ao virus en termos de facturación

Considérase que de manterse a tendencia poderían recuperarse cifras previas á COVID

Vedra. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou onte en Vedra o bo comportamento que mantivo no último ano a industria forestal de Galicia, que encara agora os retos da bioeconomía e a economía circular. Segundo apuntou, en 2020, a pesar da pandemia, “este sector tivo un mellor comportamento do esperado en termos de facturación e consumo”.

Na presentación do estudo elaborado pola Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre os datos da cadea de valor da industria forestal-madeira, Conde precisou que en 2020 o sector volveu acadar a cota dos 2000 millóns de euros de facturación e que o consumo se reactivou de forma rápida. Unha tendencia, engadiu, “que de manterse ata finais de ano, permitiría recuperar cifras previas á pandemia”. De feito, dixo que en ámbitos como a industria da madeira e a cortiza, ou na fabricación de mobles, se está a rexistrar un incremento de produtos e prezos á alza, con subas de entre o 17 e o 18 por cento.

No marco dos fondos Next Generation, o vicepresidente económico destacou que o obxectivo da Xunta será desenvolver cadeas de valor na industria forestal que impulsen a innovación para facer unha xestión sustentable dos montes galegos e incrementar a competitividade do sector. Unha xestión forestal, engadiu, que ten que ter en conta a biodiversidade, a bioeconomía e a economía circular “porque contribuirá ao desenvolvemento do rural”. C.E.

13 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.