Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Madalena informa ós pais sobre disciplina positiva e de nutrición

Botan a andar os actos deste trimestre da Escola de Familias do centro educativo infantil

Ames. A ANPA da Escola infantil municipal da Madalena organiza hoxe, no auditorio da casa da cultura do Milladoiro, un obradoiro de disciplina positiva.

Nesta actividade, impartida pola psicóloga Alexia López, a partir das 17.30 horas, os asistentes aprenderán sobre a orixe, os principios e os fundamentos da disciplina positiva. Ademais, exporase algunha situación vivencial (dinámicas) para achegarse máis a práctica diaria da educación dos fillos.

Con este acto comeza a nova programación da Escola de Familias deste trimestre. Este proxecto inclúe dous obradoiros máis, o seguinte, o 8 de abril, sobre a xestión de rabietas da man de Marián Cobelas, e o último, sobre nutrición pediátrica que aínda está pendente de data de realización.

Conscientes da grande responsabilidade actual dos pais e nais na crianza implicados coa conciliación, dende a ANPA da escola infantil municipal da Madalena están a crear un espazo no que compartir experiencias e aprendizaxes en familia, poñendo a andar un proxecto cheo de ilusión e moito mimo.

Este novo proxecto chamado Escola de Familias nace co obxectivo de abrir a posibilidade de achegar información e formación interesante acorde ás etapas das crianzas escolarizadas na Madalena, tales como educación en positivo, taller de xestión de rabietas, nutrición e outros temas actuais e de interese, así como actividades de gozo compartido en familia como as musicais. m.b.

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.