Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Mancomunidade do Barbanza podería ter un novo socio: Ames

Para que ocurra piden requisitos que foron plantexados nunha reunión este venres

Ames. O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Urbanismo e Administración xeral, Víctor Fernández, reuníronse este venres co presidente da Mancomunidade Serra do Barbanza, Juan Manuel Saborido, e co xefe da planta da empresa FCC, Luís Fernández. O obxectivo desta xuntanza foi expoñer a opción de pasar a ser socios de pleno dereito desta Mancomunidade, xa que o lixo que se recolle no concello de Ames representa o 40% do tratado na planta de devandita Mancomunidade. Un dos requisitos expresados polo alcalde na reunión é que se profesionalicen os recursos humanos da Mancomunidade para mellorar o seu funcionamento.

Deste xeito, solicítase que se cree unha xerencia, así como dotar de persoal administrativo e dun técnico medioambiental que traballe na Mancomunidade e que teña un contacto directo coa empresa e cos traballadores.

Tamén se solicitou que o Concello de Ames dende a súa entrada como socio de pleno dereito cara atrás estea liberado e non teña responsabilidade algunha nos procedementos xudiciais que ten abertos a Mancomunidade coa empresa FCC, agás naquelas nas que o Concello amesán teña unha responsabilidade directa. c.g.

09 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.