Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A peregrinación da Parroquia de Ortoño pasa o seu ecuador en Lousame

A Maía. A Parroquia de Ortoño continúa, incansable, a súa peregrinación pola Ruta dende a Ría da Estrela ata a capital galega. E os pasados sábados 9 de abril e 14 de maio, coa colaboración da Concellaría de Turismo, os veciños percorreron a terceira e a cuarta etapa da Vía de peregrinación Ría de Muros-Noia.

Deste xeito, as persoas participantes percorreron en abril uns 15 quilómetros de Outes a Noia, mentres que esta pasada fin de semana continuouse dende a vila noiesa ata Sedofeito, no Concello de Lousame. E fixérono acompañados dos voluntarios locais. En concreto, o itinerario xacobeo continuou esta fin de semana, o sábado 14, coa celebración da cuarta etapa do Camiño de peregrinación. Partindo dende a vila que dá nome á ría, acometeron o treito que tamén inclúe ao Concello lousamián, nun tramo no que as persoas asistentes recibiron a axuda da Protección Civil deses dous municipios citados.

ECUADOR. A peregrinación polo camiño da Ría de Muros e Noia xa cruzou o ecuador do traxecto, que a parroquia de Ortoño decidiu dividir en seis etapas. A primeira saída tivera lugar o pasado sábado 22 de xaneiro, no que as persoas participantes percorreran 11 quilómetros dende a igrexa da Virxe do Camiño, en Muros, ata Santiago de Tal. Xa en febreiro, o domingo 27, celebrouse a segunda etapa entre Santiago de Tal e a Serra de Outes, cunha saída que se alongou nuns quince quilómetros. M. Outeiro

21 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.