Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A plataforma de Casalonga reactiva de novo ós grupos

Teo. A plataforma Casalonga Limpa de Residuos ten previsto mobilizar, co remate do estado de alarma, os seus grupos e mesas de traballo ante o anuncio da Xunta de que continúa tramitando un tercer plan de restauración para as instalacións mineiras teenses sen tomar en conta a caducidade da concesión solicitada.

Ademais destas cuestións, e a da titularidade pública do camiño que os afectados xustifican polo seu rexistro no Catastro, dende a plataforma lamentan que se siga a conceder o permiso para verter á titular da concesión, Toysal, pese a que “a multa de 15.000 euros pola que foi sancionda por un verquido na lagoa, está sen pagar”.

A conclusión dos afectados, que seguirán a loitar polo marco natural que propiciou a masa de auga, é que a Xunta apoia á empresa. E no que atinxe ao novo plan de restauración, e co que temen enchan o entorno de lodos cheirentos, din que é “unha adaptación do entregado” hai dúas décadas “polo anterior titular, Carballal SL”, pero non cren que cumpra coa prohibición de chegada de residuos externos, asegurando que en anteriores movementos de antigos titulares xa se meteron “máis de 200.000 toneladas” de lixo. o.d. vilar

09 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.