Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A praia fluvial de Tapia acollerá os cursos de piragüismo do concello

Ames. A concellería de Deportes organizou un curso de piragüismo que se impartirá na Praia Fluvia de Tapia. O número de persoas inscritas para esta actividade é de 25 participantes para o mes de xullo. Esta está dispoñible para os nenos/as nados/as entre o 2007 e o 2013. O curso de piragüismo vaise levar a cabo os luns, mércores e venres dende as 11.00 ás 12.15 horas nos meses de xullo e agosto. O prezo é de 30 euros un mes e 50 euros os dous meses. Para asistir é imprescindible saber nadar. Deste xeito o piragüismo únese aos cursos de natación que o concello organizou para que tódolos amienses poidan sacar o máximo partido ás instalacións do consistorio. Con esta nova actividade o municipio pretende pór en valor os espazos naturais cos que conta Ames á vez que os máis pequenos aprenden e disfrutan nunha paraxe única. p. brea

08 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.