Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 febrero 2023
01:00
h

A Proa abordará as peores situacións de autónomos e emprendedores no Samaín

A Maía. O espazo colaborativo A Proa organiza un evento para persoas emprendedoras e autónomas o próximo mércores 2 de novembro, ás 19.00 horas. O taller xirará en torno ás dificultades que supón iniciarse no mundo empresarial e os temores máis frecuentes dos emprendedores. Ademais, o coworker Adrián Nieto presentará o seu último proxecto musical para animar a xornada. Estes colectivos profesionais están habituados a imaxinar sucesos desagradables antes incluso de comezar a súa actividade empresarial: clientes que terminan dándolles cabazas, tributos protagonistas de pesadelos nocturnos, inspectores de Facenda con aspecto sinistro... Por iso, para festexar o Samaín, ofrécese o evento. Os interesados deben de anotarse no enlace da web municipal, xa que aínda que o obradoiro é de balde, o sitio é limitado. M.M.

31 oct 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.