Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Proa ofrece de balde un taller sobre seguridade informática en empresas

A Maía. O espazo colaborativo A Proa organiza para o venres, 16 de setembro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada Taller de seguridade informática nas PEME. Deste xeito, tras un breve parón durante os meses de xullo e agosto, retómanse as actividades no centro de coworking A Proa.

E será o coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), o encargado de impartir dito taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo na ligazón que aparece na web local.

A Proa está situada na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial da meirande urbe, Novo Milladoiro, un centro coworking que organizou un programa de talleres dende o pasado mes de marzo. Neste caso vaise a desenvolver un taller sobre seguridade informática.

Esta actividade é de balde e conta con prazas limitadas. Os interesados poden recabar máis información se visitan a páxina web www.espazoaproa.gal. Na actividade desde venres falarase das normas básicas da LOPD; como garantir a protección dos datos e dos medios informáticos; e como navegar pola rede e empregar o correo electrónico de xeito seguro. Ademais, coñeceranse ferramentas de seguridade de hardware, software e das redes. Por último afondarase na formación do usuario. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca a volta ás actividades despois dun breve parón estival. M.M.

13 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.