Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A revista ‘MujerArt Magazine’ chega este sábado os salóns do pazo da Peregrina

    ames. As bibliotecas amesás continúan cos actos polo 8M co seu cuarto encontro literario do ano. Neste caso, terá lugar a presentación da revista MujerArt Magazine. Será o sábado 12 de marzo, ás 13.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns con entrada libra ata completar aforo. Presentarán o acto Petronila Daza e Bea López Jerez, cunha performance a cargo das artistas multidisciplinares Natalia Horschovski, Celia Pía e Paula Quintas. Acompañan a concelleira de Cultura, Natividade González, e a concelleira de Igualdade, Luisa Feijóo. A revista MujerArt é unha publicación dixital que naceu en 2021 para dar voz a mulleres artistas do pasado e do presente poñendo o foco en figuras artísticas femininas do pasado, esquecidas ou invisibilizadas pola historia polo feito de seren mulleres. c.a.

    11 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.