Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Rula redescubre os petróglifos de Labanquiños

A Maía. Xoán Guitián Rivera, investigador dos petróglifos das comarcas de Compostela e Barbanza, identificou os antigos gravados estudados por Sobrino Lorenzo Ruza hai 74 anos nunha estación amesá (a de Labanquiños) que identificou hai unha década en Tapia. Agora poido lembrala cun libro da entidade Rula, e hoxe, membros desta asociación redescubríronos tras abrir un acceso e despexar a zona concreta.

Trátanse dunhas imaxes de Sobrino Lorenzo as que lle serviron a Guitián para contrastalas cos datos que recompilara do seu arquivo persoal. “Ademais, se ofreceu a guiarnos ata a zona, coñecida como os Chaos do Norte, preto da estrada que dende a igrexa de San Cristovo de Tapia ascende cara ó Chan do Monte e conduce a diferentes aldeas da parroquia da Ameixenda” din dende a Rula.

Son os gravados que descubrira hai máis de oitenta anos Óscar Lojo Batalla-Sampedro, e que posteriormente (no ano 1948) visitara e estudara o arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, e que dende entón só vira de novo Guitián. Na parte central do conxunto, a máis elevada da rocha, figura o panel principal con dúas combinacións de círculos concéntricos, unha de 40 cm de diámetro e 5 aneis, os dous últimos incompletos, con dous sucos de saída que parten da coviña central. E unha segunda combinación moito máis erosionada, de 42 cm, que conta con 6 aneis e dous sucos de saída. Completan os gravados coviñas e iniciais de persoas. M. Outeiro

22 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.