Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Taberna do Barro guisa as mellores tapas da Baña

A Baña. O primeiro concurso ABaña Tapas xa ten gañador. A votación do xurado profesional (que valía un 55 % da nota) e do público (que representaba o 45 % restante) designou como mellor tapa a proposta culinaria presentada pola Taberna do Barro (O Barro) co nome de empanadilla de Marina. O gañador recibirá os 450 euros co que está dotado este primeiro premio. O segundo galardón recaeu no cocido en camisa, do bar O Muíño (San Vicenzo), que percibirá 250 euros. Segundo explica a concelleira de Cultura, Lorena Trillo, o xurado, tanto o profesional como o do público, tiveron dificultades á hora de elixir a tapa do segundo premio, “dada a calidade das preparacións, polo que o Concello decidiu outorgarlle o premio simpatía á empanada de millo que presentou ao concurso Casa Morena”, subliña a concelleira. Ademais, os gañadores dos aloxamentos na casa rural A Ribeira do Tambre e na Casa do Folgo foron Elvis Rodríguez e Sofía Vázquez. M.O.

13 dic 2022 / 22:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.