Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A unidade móbil de doazón de sangue estará o próximo luns 28 de setembro no Milladoiro

Instalarase na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro // O horario será de mañá, de 9.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 16.00 a 21.00 horas // É necesario solicitar cita previa

Ames. A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 28 de setembro, na rúa Cruxa do Milladoiro (no cruce con Rosalía de Castro). O horario será de mañá, de 9.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

PROTOCOLOS DE SEGURIDADE. Os traballadores e traballadoras sanitarios que atenden as Unidades móbiles de doazón de sangue extreman estes días os protocolos de seguridade. Ademais de atender a través de cita previa, en cada local de doazón e en cada unidade móbil, o persoal cambia as luvas e limpa as padiolas despois de cada doazón, todo o material que se utiliza é estéril e serve para unha soa vez, e execútase unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección.

Cómpre salientar asemade que a saída e a entrada de cada local de doazón e nas unidades móbiles hai un envase con solución desinfectante para que os doantes o utilicen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades. Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

25 sep 2020 / 13:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.