Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A vivenda tutelada dubresa de Avante ten 4 inquilinos

Dubra. Félix Castro de Tordoia, Cristina Blanco de Santa Comba, Jonathan Peón de Trazo e Carlo Amorese de Santiago son persoas con discapacidade que non se coñecían, pero actualmente comparten casa de luns a venres no centro de Bembibre (Dubra) grazas a Avante.

A entidade forma parte de Cogami e puxo en marcha a vivenda tutelada en 2011, na que dúas das súas profesionais coidan de que os inquilinos poidan practicar todas as habilidades que se necesitan para levar a cabo unha vida independente, sen supervisión familiar. “Como calquera persoa que vive soa ou que comparte vivenda, organizan as tarefas propias dun fogar como a planificación de menús, a lista da compra, cociñar, lavar, limpar, pasar o ferro e sacar o lixo”, explican. E tamén teñen a liberdade para organizar o seu lecer, practicando deporte, facendo saídas ou excursións. A Xunta apoia a iniciativa de Promoción da Autonomía Persoal e financia o 0,7% do IRPF. M. Outeiro

22 sep 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.