Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta colabora cos servizos de Emerxencias e Seguridade de Brión

Sufragará parte dos gastos da ampliación das instalacións do GES de Brión e facilitaralle este ano un novo equipo de excarceración // Entre 2021 e 2022 cambiarase o coche da Policía Local

Brión. O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, tivo un encontro o pasado venres co vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e co director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva co propósito de buscar unha colaboración co Executivo galego para dar así resposta ás necesidades de Brión”.

“O acordo máis importante foi o compromiso da Xunta de Galicia de sufragar parte dos gastos para ampliación das instalacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión, xa que estas instalacións xa quedaron pequenas e é preciso amplialas debido ao aumento do número de persoas traballadoras e da flota de vehículos dos que dispoñen”, explicou Pablo Lago, quen destacou diante do vicepresidente o importante labor que están a desempeñar os integrantes do GES de Brión nestes 23 anos.

Así mesmo, o vicepresidente primeiro da Xunta comprometeuse a doar un novo equipo de excarceración ao GES de Brión ao longo deste ano. Será un equipo máis moderno e que se sumará ao que xa están utilizando na agrupación. Neste sentido, o alcalde comunicoulle a Alfonso Rueda que o Concello vén de adquirir un novo camión autoescada con cabina para tres prazas e escada metz de 32 metros de altura para reforzar a flota de vehículos cos que xa conta o grupo de emerxencias: unha Pickup totalmente equipada e unha bomba urbana lixeira (BUL). Deste xeito, o equipamento do GES brionés é case equiparable aos vehículos dun parque comarcal de bombeiros.

Finalmente, Alfonso Rueda e Santiago Villanueva tamén se comprometeron a subministrar un novo coche á Policía Local de Brión, se ben non precisaron se a incorporación tería lugar ao longo de 2021 ou de 2022. Este novo vehículo permitirá substituír o actual coche policial, que xa ten máis de 13 anos.

18 ene 2021 / 12:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.