Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
06:05
h

Aberto o prazo para os obradoiros e contacontos nas dúas bibliotecas

Ames. Xa está aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros das bibliotecas amesás (dirixidos á rapazada de 3º a 6 de Primaria) e nas sesións de contacontos en Bertamiráns para nenos dos 3 aos 8 anos. As sesións de narrativa oral terán lugar os días 18, 19 e 20, ás 17.30 horas, mentres que os obradoiros desenvolveranse no Milladoiro o venres 21, ás 17.30 horas, e en Bertamiráns o sábado 22, a partir das 11.30 horas.

As inscricións para a biblioteca de Bertamiráns xa están abertas ata o vindeiro 15 de outubro, e os interesados terán que chamar ao 981 884 829, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Ademais, co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, para a rapazada de 3º a 6º de Primaria organízase o taller literario As cousas pequenas contan, que terá lugar o venres 21 no Milladoiro e o sábado 22 en Bertamiráns. O teléfono do centro de lectura do Milladoiro é o 981 530 807. M.M.

12 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.