Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Teatro ata o 15 deste mes

Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu este luns día 4 de xullo o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. As persoas que queiran inscribirse poderano facer ata o 15 de xullo. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa. A Escola Municipal de Teatro está en funcionamento dende 2021.

Tras este primeiro curso, o pasado 16 de xuño abriu o prazo para que as persoas inscritas puideran renovar praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Agora abre un segundo para novas inscricións nos grupos nos que quedaron prazas libres. Son un total de 55 ás que os veciños e veciñas poden optar tralo peche do período de renovación. Hai, ademais, prazas libres en todos os grupos.

As clases comezarán o 20 de setembro en Bertamiráns e o 21 de setembro no Milladoiro e rematarán a última semana de xuño de 2023. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Máis información no 981 535 940 ou 662 377 444. c.g.

05 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.