Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abren o prazo para participar no certame literario que xa é maior de idade

As modalidades de poesía e narrativa repartirán 3.800 euros entre os mellores

Ames. Ata o día 8 de abril está aberto o prazo para participar no Certame Literario de Ames que este ano acada a súa XVIII edición. Pode concorrer a esta convocatoria calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega. A temática é libre. En cada modalidade do certame, narrativa e poesía, establécense, dependendo da idade, tres categorías, e en cada unha, tres premios. En total, repartiranse 3.800 euros.

Non é o concurso literario que reparte máis cartos. Porén o Certame Literario de Ames, que este ano cumpre maioría de idade, 18 anos desde a súa posta en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, afiánzase coma unha cita obrigada para moitos creadoras.

Desde hai anos, este concurso está considerado como unha catapulta de novos valores, cuestión que se pode avaliar no significativo número de escritores que gañan outros premios e publican as súas obras despois de ter triunfado nel.

As persoas que desexen participar deberán enviar catro exemplares do texto, en folios mecanografados a dobre espazo e tamaño de letra 12. Na modalidade de narrativa, a extensión mínima será de 2 páxinas e a máxima de 6. Na modalidade de poesía, a extensión mínima será de 20 versos e a máxima será de 50.

Só se poderá presentar un traballo por persoa en cada modalidade. Os textos poden remitirse ata o 8 de abril (incluído) ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, avenida de Azcárraga 5, Bertamiráns. m.b.

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.