Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abren os actos de entrega do Lorenzo Baleirón

Dodro. O Concello de Dodro preparou para este venres e o sábado os actos do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un referente da escena literaria e da creación lírica en lingua galega que rende homenaxe ó poeta dodrés. Cun percorrido de 34 anos, o Lorenzo Baleirón é un dos certames poéticos máis antigos de Galicia.

A celebración comeza este venres 10 de decembro ás 20.00 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón coa presentación de Urda de Quico Valeiras, obra gañadora de 2020. A continuación, o público desfrutará coa proposta artística de poesía escénica Epístola ás neofalantes do dúo Aldaolado, espectáculo incluído na Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Este sábado, ás 17.30 horas, María Rodríguez Romero, autora da videocreación O mundo dos soños, recibirá o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. O acto central da xornada consistirá na entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Inma López Silva pola súa obra Clepsidras, figura relevante da narrativa na nosa lingua que irrompe con forza na creación poética. O evento estará conducido pola poetisa Elvira Ribeiro e presidido polo alcalde, Francisco Xabier Castro Tourís. arca

10 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.