Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Acaba o prazo do certame da Asociación Cultural San Campio

Vedra. A Asociación Cultural San Campio de Vedra ten en marcha o seu VI Concurso Serán das Letras. Un certame que mestura debuxo, relato curto e poesía, adicado a Xela Arias e no que colaboran o Concello e Transportes Olimpo. Iso si, todos os que desexen participar deben darse présa porque o prazo para entregar os traballos remata mañá, día 21.

Hai un total de cinco categorías segundo idades e cada participante deberá presentar un só relato, poesía ou debuxo (esta modalidade está reservada para os nenos de 3 a 6 anos). O tema nos tres casos serán As lembranzas dos nosos avós. As poesías e relatos terán que estar escritos en galego, ser inéditos e a extensión non pode ser máis dun folio por ambas caras. Presentarase a ordenador ou a man. As obras deben ser entregadas no departamento de Cultura, nas conserxerías dos centros educativos (CPI Plurilingüe de Vedra, CEIP Ortigueira), ou nas mesmas escolas unitarias. Haberá tres premios en cada categoría, e a cativada de 3 a 9 levará agasallo por participar. O fallo do xurado coñecerase o 28 e os galardóns daranse o 29. A.P.

19 may 2021 / 17:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.