Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acaba ‘Olladas no Pasado’ con lembranza do labor barcalés

Negreira. As xornadas Olladas no Pasado, un ciclo de conferencias e coloquios organizado no pazo santiagués de San Roque polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, rematará este xoves 24 coa presentación do libro A Galicia do século XX, de Justo Beramendi, ás 19.00 horas. E, precisamente, esta obra recolle o labor dos alumnos do instituto Magariños de Negreira, que no curso 2017-2018 gañaron o Premio Humanístico Manuel González González.

Segundo lembra o historiador Amancio Liñares, os estudantes de Bacharelato nas materias Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e Historia de Galicia do IES levaron un galardón que deste xeito súmase ao remate das xornadas que tamén está a coordinar. Consistiu en traducir á lingua galega os capítulos VI, VII e VIII, e mais da correspondente Cronoloxía, que forman parte do libro Historia mínima de Galicia (2016), publicado por J. Beramendi orixinalmente en lingua castelá. Olladas no pasado adicaranse este martes aos anos 70, con Daniel Lanero, e o mércores aos 80, da man de Alba Díaz. M. Manteiga

22 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.