Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Achegan á veciñanza ás pragas do castiñeiro o 28

Ames. A concellaría de Medio Ambiente ten o prazo aberto para inscribirse na xornada formativa Pragas e doenzas dos castiñeiros, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo venres 28 de outubro, de 10.00 a 14.00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata este xoves, 27 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A chegada do outono e a importancia do castiñeiro nos ecosistemas de Galicia fai que a temática desta xornada sexa de interese para a veciñanza, en especial para produtores en activo, persoas que manteñan unha actividade agraria ou queiran iniciala, ou persoas desempregadas en busca de formación no eido do sector primario. Ao longo da xornada farase un percorrido polas posibles doenzas que poidan sufrir os castiñeiros, como a praga da avespa Dryocosmus kuriphilus. M.M.

25 oct 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.