Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 28 septiembre 2022
02:19
h

Acondicionan a vella sala de pediatría de Milladoiro para o Rexistro municipal

A Maía. O alcalde de Ames, Blas García, acompañado do concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, e da concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, visitou esta semana a sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro, a cal está sendo acondicionada para convertela nunha nova oficina de atención, concretamente do servizo de Rexistro municipal. Ademais, preténdese que a Policía Local e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil dispoñan dunha oficina nestas instalacións para poder ofrecer un servizo de atención puntual nesta localidade.

Desde hai uns días estase traballando xa na mellora e acondicionamento da referida sala. O obxectivo é aproveitar este local, que “dende a apertura do novo centro de saúde quedou en desuso”, sinalan ao respecto dende o Concello de Ames.

As obras consisten na mellora da accesibilidade, para o que se modificará a porta principal, ademais de crear un baño adaptado no hall principal. Habilitaranse dous despachos para a atención e a presenza tanto da Policía Local como de Protección Civil, e modificarase o recibidor, onde se poñerán dous postos para atención ao público e Rexistro municipal, e crearase unha sala de espera. m. lavandeira

26 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.