Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acordan o pagamento de axudas ás patronais para promocionar o comercio

Ames. O tripartito amesán aprobou en xunta de goberno local o pagamento de 28.763 euros correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicio 2021. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais locais.

Deste xeito, concédense estas axudas para a promoción comercial e para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Bulevar.

Para a concesión das axudas tivéronse en conta dúas liñas de actuación. A primeira delas destínase a subvencionar as accións e proxectos destinados á promoción comercial de distinta índole sobre o mercado: publicidade, promoción de vendas, animación comercial, celebración de exposicións, congresos, e aquelas actividades destinadas a promoción de produtos comercializados polas empresas que desempeñan a súa actividade comercial no Concello de Ames, así como os gastos de contratación de persoal destinado a promover accións de promoción económica entre os seus asociados.

E segunda liña vai dirixida a sufragar os gastos de infraestrutura e equipamento das asociacións (mellora de instalacións, adquisición de material mobiliario ou funxible e webs, entre outros). M.M.

10 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.