Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actividades de cultura urbana o 22 no parque de Lapido que foi renovado

Os asistentes poderán practicar calistenia, skate, parkour ou slackline de balde

A Maía. A concellaría de Mocidade promove unha xornada de deporte e cultura urbana no parque de Lapido, en Bertamiráns, aproveitando as recentes melloras realizadas no recinto grazas aos orzamentos participativos de Mocidade e ao investimento da concellaría de Deportes, que habilitou un parque de calistenia. Chegará o mércores 22, de 15.00 a 19.00 horas, e os asistentes poderán practicar skate, parkour, slackline e calistenia de balde.

Durante a xornada practicaranse deportes estreitamente vinculados á cultura urbana, como o skate ou o parkour, dúas disciplinas nas que son chave a configuración do entorno e o mobiliario urbano. Para levar a cabo estas actividades, Mocidade habilitará módulos dedicados e pensados para cada un destes deportes. No caso do skate, colocarán ramplas, caixóns e raís, mentres que para a práctica do parkour montarán unha estrutura estable, na que haberá cubos de distinta medida, travesos, pirámides ou pedestais.

A tarde de actividades completarase con slackline e con calistenia, aproveitando o seu circuíto de exercicios situado no parque de Lapido, inaugurado en xuño de 2020 xunto a outro parque de calistenia similar no Milladoiro. O slackline é un deporte de equilibrio que consiste en atravesar unha corda plana entre dous puntos fixos en tensión, útil para mellorar os reflexos, a coordinación e a motricidade. Pola súa parte, a calistenia consiste na práctica deportiva aproveitando o propio peso do corpo. M. Outeiro

17 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.