Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actividades deportivas en Boqueixón para todos os gustos e grupos de idade

BOQUEIXÓN. O vindeiro mes de outubro o Concello de Boqueixón pon en marcha as actividades deportivas deste novo curso. As persoas interesadas en participar deberán descargar e encher a ficha dispoñible na web municipal, que presentarán no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. Aínda hai tempo para anotarse, posto que arrancarán o día 5. A oferta inclúe as escolas deportivas infantís de patinaxe e ximnasia rítmica así como varias actividades para adultos como zumba (no Forte, Lestedo e Camporrapado), pilates (no Forte, Ledesma e Lestedo), bailoterapia (no Forte) e ximnasia de maiores (no Forte). As actividades terán lugar de luns a venres, agás festivos, entre outubro de 2022 e xuño de 2023. Requírese un mínimo de 10 participantes para facer grupo, con preferencia para empadroados. c.e.

29 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.