Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 25 noviembre 2021
11:07
h

Actividades lúdicas para todos os públicos nas bibliotecas amesás

Haberá contacontos, obradoiros creativos e coloquios con invitadas especiais durante o mes de decembro e principios de xaneiro

Ames. A programación das actividades das bibliotecas amesás para o mes de decembro e xaneiro arrancan este mércores, 9 de decembro, coa sección virtual de #Dixicontos, que leva o título “Rato moi alto e rato moi baixo. Contos de ratiños”. Estas sesións, levadas a cabo polas animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames, Bibiana Fernández e Divina Calvo, poderanse ver a través da páxina de Facebook da biblioteca. O mércores 16, será a quenda de “A cenoria xigante” e o día 23 de decembro, lerase “A máscara do león”. Para despedir o mes, as animadoras narrarán o conto infantil “O abeto” e, pechando a programación, o martes 5 de xaneiro o libro protagonista será “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

OBRADOIROS INFANTÍS. O venres 18 e o sábado 19 de decembro realizarase o obradoiro infantil “Creacontos”. O venres terá lugar na biblioteca de Bertamiráns ás 17:00 horas e, o sábado, na do Milladoiro ás 11.00 horas.

O luns 21 de decembro organízase “Decora o teu Nadal”, un taller que se levará na Biblioteca de Bertamiráns e, o martes 22, repítese na do Milladoiro. As dúas sesións serán ás 17:00 horas. Para todos os obradoiros, ao ser presenciais, é preciso inscribirse previamente.

ACTIVIDADES PARA ADULTOS. O público adulto tamén terá actividades durante este Nadal. A primeira é a sesión de #Dixicontos o xoves 10 e o sábado 12 de decembro a través da páxina de Facebook da biblioteca. Vero Rilo organiza este contacontos da obra “Arrolando as flores”, unha selección de historias de vida que teñen como protagonistas a mulleres anónimas.

O venres 11, na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20.00 horas, organizarase “Vértice de Versos”, unha proxección do documental acompañada dunha charla coloquio con Emma Pedreira. Para asistir é preciso reservar os convites premendo nesta ligazón.

A última actividade dirixida a adultos é o obradoiro “Os contos a debate”. Esta actividade terá lugar na biblioteca de Bertamiráns, ás 11.00 horas, o sábado 12 de decembro. Para acudir é preciso inscribirse previamente.

Para máis información, pódese chamar aos números de teléfono 981 530 807 (Biblioteca do Milladoiro), 981 884 829 (Biblioteca de Bertamiráns) ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.

07 dic 2020 / 15:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.