Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actos polo Día do Libro para Oroso, A Baña, Ordes e Brión

Oroso. Os concellos da comarca preparan actividades para esta fin de semana con motivo do Día do Libro. E entre elas, destaca a da Baña, cun maratón familiar de contacontos (venres ás 18.00 horas na casa da cultura, incluíndo agasallo de libros) e representación unha hora despois con Fantoches Baj.

No caso de Brión, elixiron tamén este venres 22 para o espectáculo de Trinketrinke Teatro Aprendendo a querer, de balde –pero previa reserva en bibliotecadebrion@briondixital.org– na sala municipal de exposicións da casa da cultura ás 18.00 horas (recomendado para público infantil de 4 a 10 anos de idade).

Xa en Oroso, a data para celebrar a efeméride será a deste próximo sábado, con O Paroleiro, os contos de Pablísimo. Esta actividade para a rapazada será na praza de Isaac Díaz Pardo ás 12.00 horas. En caso de choiva, trasladarase á biblioteca municipal.

E dende Ordes, optaron pola biblioteca municipal para levar a bo porto, este venres a partir das 18.30 horas, a representación da súa Tarde de Contos e Lendas, neste caso con Trémola Teatro, que porá en escena Pipo, o paxaro que non sabía voar, dirixido a rapaces de 4 e 5 anos. Anotación na biblioteca ou no teléfono 981 681 992. O.D. Vilar

21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.