Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Actuación de reforzo e protección no arco da Ponte Cabirta

A intervención puntual na parroquia amesán de Bugallido pretende evitar danos na estrutura da construción e limitar os impactos durante as crecidas do caudal do río Sar // O proxecto de consolidación licitarase nos vindeiros meses

Ames. O Concello de Ames realiza unha actuación puntual de reforzo e protección do arco da Ponte Cabirta, para evitar danos na súa estrutura e limitar os impactos durante as crecidas do caudal do río Sar. Trátase dunha actuación provisional mentres se licita o proxecto de consolidación do arco e a calzada da Ponte Cabirta, na parroquia de Bugallido, coa finalidade de protexela de posibles impactos de árbores durante o inverno.

Deste xeito, colocáronse dous bolardos preventivos para minimizar o risco de impacto directo no arco dos elementos arrastrados polo río Sar e tamén se reforzou a base do arco para soportar as dovelas. Ata o lugar achegáronse David Santomil, Tenente de Alcalde e concelleiro de Patrimonio Histórico, e Manuel Durán, enxeñeiro redactor do proxecto de rehabilitación da Ponte Cabirta no que colabora a Deputación da Coruña.

O proxecto licitarase nos vindeiros meses e está previsto que a totalidade das actuacións poidan realizarse no verán de 2021, cando o caudal do río Sar o permita. Todas as actuacións son resultado da colaboración institucional entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ames.

Dita colaboración institucional reflectiuse na sinatura dun convenio entre o Concello de Ames e maila Deputación da Coruña para o financiamento das obras de rehabilitación da Ponte Cabirta. O proxecto conta cun orzamento total de 36.000 euros, dos que 27.000 euros serán investidos pola Deputación e 9.000 euros polo Concello.

REHABILITACIÓN DO PASO PEONIL. O proxecto permitirá protexer e consolidar a calzada e o arco desta ponte sobre o río Sar, na parroquia de Bugallido. Contémplase a rehabilitación do paso peonil, a consolidación da obra de fábrica sen alterar a xeometría actual e a reparación do lousado das ribeiras. Nas zonas que conten con lousado danado, procederase á recuperación das pedras para a súa nova montaxe. Para dificultar o crecemento de plantas neste punto empregarase zahorra estabilizada con cal hidráulica.

21 sep 2020 / 15:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.