Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Actualización do aforo dos parques infantís do Milladoiro debido ás restricións polo covid-19

A partir de hoxe, a apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas // No aforo establecido para cada un deles contabilízase aos neno/as e aos adultos

Ames. En aplicación das medidas establecidas dende hoxe, 24 de setembro, pola Consellería de Sanidade, para a localidade do Milladoiro, procedeuse a actualizar o aforo dos parques infantís que se atopan nesta localidade amesá. Deste xeito, haberá aforo limitado e debidamente sinalizado para cada parque infantil. É obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.

A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de toda a localidade do Milladoiro no conxunto de localidades e concellos con medidas de restrición pola Covid-19. Debido a ditas restricións houbo que actualizar o aforo dos parques infantís do Milladoiro. Na área de xogo de cada parque infantil poderá haber como máximo o número de persoas que se especifica a continuación. No aforo establecido para cada parque contabilízase aos neno/as e aos adultos.

AFOROS

-Parque da praza de Correos (aforo máximo de 20 persoas).

-Parque Santander (aforo maxímo de 14 persoas).

-Parque de Seidón (aforo de 25 persoas).

-Parque de Estivada de Castelao (aforo de 25 persoas).

-Parque da rúa Travesa (aforo de 30 persoas).

-Parques da Travesía do Porto (aforo de 30 persoas).

-Parque da rúa Pardiñeiros Grande (aforo de 30 persoas).

-Parque da rúa Pardiñeiros Pequeno (aforo de 15 persoas).

-Parque da praza Manuel Murguía (aforo de 15 persoas).

Para poder empregalos é obrigatorio o uso de máscara; hai que manter a distancia de seguridade interpersoal; e cada usuario/a debe aplicarse xel hidroalcólico antes e despois de utilizar os xogos. A apertura dos parques infantís será a partir das 12.00 horas.

Dende o Concello de Ames prégase á cidadanía amesá concienciación e responsabilidade, e o cumprimento das normas polo ben común, para evitar así retrocesos no control da pandemia da Covid-19.

24 sep 2020 / 20:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.