Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acuxuve de Vedra pon en valor a muller no rural

VEDRA. A Asociación Acuxuve de Vedra desenvolveu unha iniciativa financiada pola Consellería de Política Social e Xuventude e que contou co apoio do Concello vedrés. Baixo o nome de Asociadas+ buscouse achegar á mocidade á realidade social que a rodea, fomentar a igualdade de xénero no rural, traballar ámbitos emprendedores coa mocidade, visibilizar o labor das mulleres vedresas nas asociacións locais, fomentar a mellora das habilidades comunicativas e expresivas dos mozos ou ofertar un espazo de experimentación sensorial, entre outros. Ao longo da iniciativa desenvolvéronse obradoiros de formación audiovisual, actividades de descuberta da contorna, obradoiros de expresión corporal, entrevistas, gravacións, montaxe audiovisual... O feito do traballo audiovisual está intimamente relacionado co reflexo, coa outra ollada sobre os acontecementos, a atención ao detalle sen perder de vista o contexto no que se desenvolven as accións. C.E.

13 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.