Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicadas as obras das rúas Xunqueira e Fragua de Bertamiráns

AMES. A xunta de goberno local adxudicou a realización das obras da rúa Fragua e Xunqueira, en Bertamiráns, á empresa Explotaciones Gallegas SL. As obras con cargo ao POS 2020 teñen un importe de 57.942 euros e un prazo de execución de 6 meses. Executaranse sobre unha superficie de 1.975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop. As obras forman parte dun grupo que se van realizar na contorna de Cantalarrana e súmanse ás xa realizadas no pasado mandato. Esta actuación vai supoñer unha importante mellora nunha zona pegada ao núcleo de Bertamiráns. O alcalde, Blas García, indicou que “pretendemos mellorar os viais nesta zona, e organizar mellor o tráfico de vehículos, así como favorecer a mobilidade peonil”. arca

08 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.