Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudican unha senda peonil de Lapido a Maguxe

Ames. O tripartito amesán aprobou a adxudicación das obras para construír unha senda peonil de Lapido a Maguxe, na parroquia de Ortoño. O proxecto, que está incluído dentro do Plan Ames Progresa, foi adxudicado á empresa Mantido SL por un importe de 201.060 euros, sempre co ive incluído.

A través deste proxecto mellorarase a comunicación entre núcleos, así como a drenaxe e o mantemento do camiño. O proxecto recolle a execución de dous treitos de senda de formigón a ambas marxes do tramo, de 950 e 230 metros de lonxitude e unha anchura media de 1,8 metros.

O novo camiño construirase sobre 20 centímetros de saburra, previa apertura da sobreanchura necesaria para a súa aplicación. Baixo esta capa canalizarase unha tubaxe de PVC de Ø400, cun total de 47 sumidoiros que favorecerán a drenaxe e a recollida de pluviais. Asemade, a construción da senda irá acompañada de tres treitos de muro de pedra granítica, que axudarán a limitar o derrame de terra nos puntos onde as novas vías estean máis elevadas que os terreos lindeiros. Sobre os bordes destes pasos de maior altura disporanse uns 95 metros de varandas metálicas, que terán unha altura duns 124 centímetros.

O alcalde de Ames lembra que, ademais de traballar pola seguridade viaria da veciñanza, “especialmente preto de núcleos e zonas polas que se camiña”, supón unha oportunidade “para mellorar as drenaxes e manter en bo estado os nosos camiños”. M.M.

23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.