Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Afirman que a boa xestión da auga amesá permite rebaixas

A MAÍA. O PP de Ames vén de cuestionar a posible municipalización do Ciclo Integral da Auga a través da aprobación dun plan director que, asegura, resposta á “presión que fan os seus socios nacionalistas e podemitas no seu afán innato de ter todo controlado”. Ademais, lembra que o informe realizado a petición do propio goberno local pola consultora PW Advisory & Capital Services acredita que a boa marcha do actual servizo permitiría ata aplicar “rebaixas”.

Para chegar a esta conclusión acudiron ao estudo económico financeiro elaborado por Idom Consulting para a licitación da concesión da xestión do servizo público do saneamento e abastecemento. E nas conclusións sobre o diagnóstico das prestacións actuais, a porcentaxe de auga non rexistrada (principal indicador do rendemento do sistema que recolle tanto as perdas de auga como o consumo non autorizado) é dun 16 %, mentres que a media nacional é do 23 %. “Este dato acredita un bo rendemento do sistema actual”, din os populares.

Pero hai máis: outra das conclusións é que a xestión en concesión ten un resultado positivo da explotación para o Concello que proporciona a Ames, sen custo, aproximadamente 64.000 metros cúbicos anuais para o consumo propio. E ao respecto dos resultados da explotación obtidos a partir dos ingresos e custes analizados, chegouse a un resultado bruto da explotación no ano 2019 de 976.856 €, o que supón un EBITDA (beneficio antes de intereses, impostos e amortizacións) do 37,90 %, o que implica que os ingresos son moi superiores ao custe de explotación. “Uns altos beneficios motivados, entre outras cuestións, polo feito de que a tarifa media de uso doméstico aplicada á veciñanza é superior á media autonómica”, aportan os de Ramón García Argibay.

“Así, o informe encargado polo propio goberno ratifica o que o Partido Popular leva dicindo dende hai meses, e que foi un dos motivos da petición por parte do Grupo Municipal Popular dun pleno extraordinario o pasado mes de marzo para solicitar a rebaixa do vinte por cento da taxa pola subministración e depuración de augas”, rematan. m. manteiga

08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.