Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agardan construír para o ano o novo multifuncional

A MAÍA. Os gañadores do concurso de ideas visitaron O Milladoiro para coñecer os terreos que van acoller o centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica previsto nunha parcela de 4.669,39 metros cadrados da avenida Muíño Vello. Agora agardan ter o proxecto listo para principios de 2022, de cara a licitar logo as obras.

Esta visita prodúcese logo de que o pasado 19 de outubro se formalizase o contrato de servizo para a redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da construción de centro multifuncional do Milladoiro coa empresa Tuungoo Arquitectos AIE, que foi a gañadora do primeiro premio do concurso de ideas. O seu proxecto, destinado á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, está cofinanciado ao 80 % con Fondos Edusi Impulsa Ames e ao 20 % pola administración local. A construción do futuro Centro Multifuncional do Milladoiro xa está máis preto, despois da visita dos representantes de Tuungoo Arquitectos AIE, o alcalde de Ames, Blas García, a edil de Promoción Económica, Ana Paz, e o técnico de Emprego, Juan C. Carreja, aos terreos nos que irá o inmoble. A súa finalidade incluirá xerar un espazo que vaia máis alá do concepto tradicional de centro cultural e xuvenil, para converterse nun centro dinámico, social e cultural de toda a veciñanza. m. Outeiro

14 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.