Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Agasallos para a infancia teense no Nadal

Dende o Concellería de Benestar animan aos veciños e veciñas a colaborar cunha aportación económica // Traballan en conxunto con establecementos locais

Teo. O programa de educación familiar do Concello, dependente da Concellaría de Benestar, está a organizar un Nadal con agasallos para toda a infancia teense. Nestas festas marcadas pola covid-19 buscan a colaboración e a complicidade da veciñanza coa aportación de contribucións de 15 euros en tres establecementos comercias de Teo: Multicentro Pernas, a Librería d´Ana e A Vagoneta Educativa. O importe total recadado utilizarase para obter agasallos destas tendas que serán repartidos entre os nenos e nenas do Concello.

As persoas interesadas en colaborar poden facer as doazóns ata o domingo 20 de decembro.

Para obter máis información pódese contactar con Servizos Sociais enviando unha mensaxe a servizossociais@teo.gal ou ben chamando ao 981809707.

25 nov 2020 / 13:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.