Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnado dos Dices felicita aos maiores que viven sós

Rois. “Poucos agasallos hai tan fermosos como o agarimo dos nosos pequenos e das nosas pequenas”, así o afirma o alcalde de Rois, Ramón Tojo, na carta que acompaña uns agasallos moi especiais que estes días están a recibir as persoas maiores de Rois que viven soas. Mensaxes en forma de felicitacións e debuxos, cheos de agarimo e ilusión, realizados polo alumnado do CPPI dos Dices e cos que os escolares quixeron agasallar dun xeito especial a cada unha das persoas maiores.

“Vivir só non ten que significar sentirse só”, subliña na súa carta Ramón Tojo, resumindo deste xeito o espírito da iniciativa posta en marcha polo centro escolar, xa que os debuxos e as cartas escritas tiñan unha clara finalidade, ademais de felicitar o Nadal: facelos partícipes destas festas e acompañalos dun xeito particular nunhas datas tan especiais coma estas.

Nas felicitacións elaboradas polos escolares, ademais de desexar boas festas, algún aproveitou para contarlle ao seu “amigo” ou “amiga” algunha das súas inquedanzas e dos seus desexos, coa pretensión de sacarlle un sorriso “tan grande que chegue a Xapón”; desexarlle “moita saúde”; facerlle “pasar un bo rato”; e lembrándolle sobre todo que “vales moito”. arca

07 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.