Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnos de Ventín poñen imaxe ós versos de Rosalía

Ames. Que che inspiran estas verbas de Rosalía? Uns poucos versos, unha pregunta e a suxestión de facer unha foto baseada nas palabras da poeta, conforman as bases do 1º Certame Ilustrado Rosalía de Castro, co que o alumnado de 5º de Primaria do CEIP de Ventín homenaxeou este ano á autora. O resultado é un cento de fotografías con “ríos, prados, arboredas” e moitos outros elementos da iconografía rosaliana. Tratábase de entregar aos nenos e as nenas versos de Rosalía e de que eles, en base ao que lles inspirasen, fixeran fotografías. Abondan as flores, as árbores e os ríos. Porén, tamén hai campanarios, camiños, lavadoiros, negras sombras proxectadas sobre chans de pedra e camposantos. Houbo quen montou pequenas escenografías con bonecos de plástico e ata quen vestiu á súa irmá pequena de paisana dos tempos de Rosalía e quen se convertiu en actriz e botou bágoas nun pano branco diante das campás de Bastavales. Todo un prodixio de arte e creatividade. c.a.

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.