Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos do IES de Vedra doan 500 kg de alimentos

Vedra. A raíz do estudo da alimentación na asignatura de Ciencias Naturais, os escolares de 6º de Primaria do IES Plurilingüe de Vedra fixeron unha doazón de 500 quilogramos de comida ao Banco de Alimentos. Unha acción solidaria que, segundo indican fontes do centro escolar, naceu a partir da “reflexión sobre as circunstancias e problemas das persoas que non poden acceder a unha alimentación sá”.

Por videoconferencia, unha voluntaria da organización humanitaria explicoulles aos rapaces e rapazas as misións desta organización. E a partir de aí, decidíronse a desenvolver a súa propia recollida de alimentos na escola. Logo, fixeron partícipes da idea a todo o centro e prepararon caixas para depositar os produtos e poñelos en corentena, debido á situación da pandemia, ata o momento da recollida.

O éxito da iniciativa “foi enorme”, sinalan dende o IES, dado que o alumnado conseguiu doar cincocentos quilos de alimentos. Dende o centro escolar aproveitan para trasladar o agradecemento “a toda a Comunidade Educativa por axudar a construír un mundo máis solidario”. A.P.

09 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.