Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
03:03
h

Amabul fai un campo de voluntariado para evitar a herba da fortuna

VEDRA. Dende o ano 2017 a asociación medioambiental Amabul de Vedra realiza o seguimento da evolución das plantas exóticas invasoras nas ribeiras do río Ulla. Froito deste traballo de seguimento nacía no 2020 o proxecto Erradicadescantia, co obxectivo de frear a invasión provocada pola EEI Tradescantia fluminensis (herba da fortuna). Durante o mes de setembro e outubro Amabul organiza, grazas á subvención da Consellería de Política social e a través da Dirección Xeral de Xuventude, un campo de voluntariado para axudar a eliminar esta herba das ribeiras do Ulla. A primeira quenda será os días 17, 18 e 19 de setembro; a segunda os días 24, 25 e 26 e a terceira o 1, 2 e 3 de agosto. Poderán participar mozos de entre 16 e 35 anos. O número de participantes será limitado e hai que encher o formulario na web amabul.org. c.e.

22 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.