Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 30 octubre 2020
01:30
h

Ames achega aos maiores ás novas tecnoloxías a través do programa “Ponlle fin á fenda dixital”

A nova iniciativa forma parte de Amessan, un proxecto con diferentes actividades dirixidas a persoas maiores de 60 anos

Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, amplía o programa “Ponlle fin á fenda dixital”, que comezou en xaneiro, organizando obradoiros de competencias dixitais básicas para persoas maiores. A nova iniciativa forma parte do programa Amessan, un proxecto con diferentes actividades dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Os cursos comezarán a impartirse na Casa dos Maiores, no Milladoiro, os martes e xoves, en horario de 19:00 a 20:00 horas. Continuarán en Bertamiráns e, por último, realizaranse polos locais sociais da parroquias do rural.

Durante este curso, ademais dos talleres de ximnasia terapéutica; decoración e restauración; estimulación cognitiva; e música tradicional galega; organízanse obradoiros de competencias dixitais básicas para as persoas maiores.

A través dunha metodoloxía de aprendizaxe fundamentalmente participativa, as persoas maiores poderán participar en cursos básicos de manexo de móbil para que se afagan a el e poidan usar aplicacións básicas, así como manterse informados e conectados.

Un dos obxectivos deste proxecto é facer partícipes ás persoas maiores do contexto actual, incluílas dixitalmente. A sociedade actual caracterízase por un crecemento de coñecementos e información e, a través das TIC´s, pódese mellorar o desenvolvemento individual e social. Ademais, é posible optimizar a calidade de vida desde un punto de vista cultural, técnico e/ou económico dos maiores.

EMPODERAMENTO DOS MAIORES. A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destaca que “xa era algo que viñamos barallando e incluso se fixeran xa algúns obradoiros puntuais neste senso, pero foi agora durante o confinamento e a nova normalidade, cando nos decatamos da gran necesidade que hai en formación e empoderamento dos nosos maiores mediante a adquisición de competencias dixitais básicas”.

Luísa Feijóo engade que “o envellecemento activo e saudable conleva a adopción das TIC nun escenario amplo, xa que non podemos entender o proceso de envellecemento unicamente baixo os parámetros do benestar puramente estrutural, é dicir, centrándonos só na saúde física boa ou mala saúde ou económica, senón tamén en termos de calidade de vida, como envellecemento crecente e gratificante”.

29 sep 2020 / 17:13
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.