Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames aposta por manter informada á veciñanza a través de diferentes canles de comunicación

Estase impulsando a Mediatec@mes, onde se recollen os vídeos máis destacados do Concello // Tamén cobra forza a actividade en redes sociais

Ames. O Concello de Ames dispón de diversas canles de comunicación, para informar á veciñanza de Ames da actualidade e actividades municipais. Na páxina web municipal, accedendo ao apartado de Atención cidadá, información e participación e premendo na opción de Comunicación municipal chégase ás diferentes posibilidades que existen de Medios de comunicación municipais. Un dos apartados que se está tratando de potenciar é a Mediatec@mes, onde se recollen os vídeos máis destacados do Concello de Ames. No apartado de plenos pódese acceder ao portal de Videoactas. Ademais, existen outros apartados que recollen material videografico sobre eventos, turismo e programas para a cidadanía. Tamén existe un apartado para acceder directamente ao apartado de Galería de imaxes. Á Mediatec@mes tamén se pode acceder dende un banner que está ao pé da páxina de inicio da web municipal.

Os últimos vídeos cargados no apartado de Cidadanía foron o da presentación do Plan Reactiva Ames, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social para o concello de Ames. Tamén se pode ver neste mesmo apartado o vídeo promocional do comercio “En Ames témolo todo!”, e maila mensaxe do alcalde de Ames pola situación derivada da Covid-19. Durante os vindeiros meses os diferentes apartados da Mediatec@mes iranse actualizando con diferentes vídeos de programas e actividades municipais. Á Mediatec@mes tamén se pode acceder dende un banner que está ao pé da páxina de inicio da web municipal.

A ACTUALIDADE AMESÁN NAS REDES SOCIAIS. Dentro dos sistemas personalizados de envío de avisos, actualidade e axenda municipal, destacan a canle de RSS; envío de boletíns informativos a través do correo electrónico, e a nova canle de Telegram, creada para informar de avisos e de información de interese municipal (apertura de prazos de inscrición, axenda de actividades, publicación de listas, etc.).

Tamén se continúa dando información á veciñanza a través das redes sociais: Facebook e Twitter.

No pasado mes de maio reforzouse a aposta polas redes sociais coa creación dunha nova canle de Instagram. Nesta rede social publícase a cartelería de eventos/actividades organizados polos diferentes departamentos municipais. Tamén se publicarán fotos e vídeos de diferentes eventos e proxectos de interese para a cidadanía.

Ao mesmo tempo fan unha aposta pola canle de YouTube, dende onde o pasado 25 de outubro se retransmitiu en directo vía streaming a Gala Máxica Internacional do XV Festival de Maxia de Ames. Asemade, na canle de YouTube estase publicando material audiovisual de diferentes eventos e campañas municipais e tamén se colgarán pezas audiovisuais dos proxectos do Plan Impulsa Ames, que se enmarca na EDUSI, e cofinanciados con fondos europeos do FEDER.

03 nov 2020 / 13:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.