Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames elimina barreiras e mellora os accesos en Bertamiráns e Milladoiro

ames. O Concello de Ames está executando as obras de eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en Bertamiráns e no Milladoiro. O proxecto enmárcase no Plan Impulsa Ames, e está cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do eixe 12 do Programa Operativo Plurirrexional de España. No Milladoiro, as obras, que fixo Iglesias Mera SL cun presuposto de 10.807,5 euros, executáronse en zonas puntuais da avenida Rosalía de Castro e os seus cruces coas rúas Moa e Cruxa. En ambos casos, a actuación trata de resolver de xeito accesible a continuidade peonil da que carecen as rúas. Neste núcleo xa se executaron as obras no paso de peóns da avenida de Rosalía de Castro á altura da intersección coa rúa da Moa por un lado e por outro coa rúa Agro do Medio, así como no cruce da avenida coa rúa da Cruxa. En Bertamiráns, os traballos foron adxudicados a Obras y Viales de Galicia SL por un importe de 69.820 euros. As obras executáronse en diferentes tramos da avenida da Maía e cruces puntuais desta vía coa avenida da Peregrina, a travesía da Peregrina, e as rúas Rueiro, Alcalde Lorenzo, praza do Concello, da Fragua, do Pedregal, Fontaldeiro e Poeta da Maía. Agora trabállase na travesía da Peregrina e na avenida da Peregrina. arca

07 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.