Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames executou en plena pandemia a metade dos investimentos reais

A cantidade orzamentada neste ámbito superaba os 6.000.000 €, dos que foron executados 3.241.303,76 € // A maior partida foi destinada a construír o novo comedor do CEIP da Maía

Durante o pasado exercicio 2021 o Concello de Ames gastou un total de 3.241.303,76 € en investimentos reais. A maior parte deles foron destinados a obras, alcanzando unha contía de 2.772.721 €, e as áreas nas que se fixo un maior investimento foron estradas e os camiños rurais, cun gasto de 596.390,88 €; parques e xardíns con 519.300,04 €; educación con 335.706,76 €; deportes con 242.410,43 €; alumeado público con 429.871,68 €; pavimentación de vías con 144.065,98 €; e, por último, fomento do emprego, ao que se destinaron 144.065,98 €.

Séguenlle as áreas de mobilidade, urbanismo, informática, mocidade e seguridade, ascendendo os gastos ata 360.749,58 €. Por outra banda, fondos destinados a investimentos reais proceden da Deputación da Coruña, da Xunta e do Estado e da Unión Europea, neste caso por medio dos fondos FEDER.

A maior partida foi a destinada á execución de obras, entre as que destacan a construción do novo comedor do CEIP da Maía no que se investiron 303.377,13 €; as certificacións IDAE para o alumeado público, incluído no proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado rural, cun custo de 270.341,58 €; a construción dunha cuberta para o parque infantil Agro da Vella do Milladoiro, que costou 160.863,55 €; o acondicionamento da zona verde do Milladoiro próxima á área deportiva, cun investimento de 137.424,32 €; un total de 133.729,92 € para a execución da senda Outeiro a Costoia; e finalmente 105.978,59 € dedicados á mellora do alumeado público no Milladoiro.

Ademáis, foron investidos 99.601,74 € para a senda de Sisalde e Agro do Muíño; 97.771,31 € na mellora do firme de diferentes treitos da avenida da Maía; 76.244,28 € para os vestiarios do campo de fútbol do Milladoiro; 74.420 € destinados á pavimentación dos viarios de zona de Raíces; 71.721,16 € nunha achega ao Instituto de Estudos do Territorio (FEGAMP); 31.433,31 € para a obra nos vestiarios e aseos da nave da brigada municipal de obras; 29.777,37 euros para a construción dun escenario no anfiteatro do Milladoiro; 27.121,55 euros na execución de obras de afirmado en Mourigade; e 18.915,33 euros para o parque de Ventosa.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destacou “o esforzo inversor do Concello durante o pasado ano 2021, no que a pesar das limitacións de persoal existentes nos departamentos municipais, fíxose un gran traballo para acadar estas cotas; o que redunda, sen dúbida, nunha mellora das infraestruturas e servizos que se ofrecen ás veciñas e veciños de Ames”.

Por outra banda, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, explicou que “tendo en conta que o ano 2021 foi un ano excepcional fortemente castigado pola Covid-19, que supuxo atraso e demoras na execución das obras motivados pola falla de subministros e mesmo de persoal, podemos dicir que cumprimos o noso compromiso acadando un elevado nivel de execución en investimentos de 3.241.303 euros”.

Con todo, tamén se executaron diversas obras dun custo moito menor nas diferentes áreas. Atópanse actuacións como a realizada no camiño de Suevos a Miso (13.000 €), as melloras no anfiteatro de Lapido (25.000 €), as obras múltiples en parques de Bertamiráns, Milladoiro e Aldea Nova; a rede de pluviais na travesía Fontaldeiro e da Agra (43.000 €), o proxecto de reurbanización da rúa da Horta de Abaixo (14.000 €); o concurso de deseño do centro multifuncional do Milladoiro (30.000€); e, por último, a reparación tanto das pistas polideportivas do municipio (48.000 €) como do arranxo das súas cubertas (18.000 €).

14 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.