Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
23:23
h

Ames premia a Ramón Lorenzo Vázquez

O acto do Día de Galicia que se celebrará este luns 26 de xullo a partir das 20.30 horas no Pazo da Peregrina ten este ano como protagonista ao estudoso da lingua galega Ramón Lorenzo. O catedrático estará acompañado pola súa familia e está programado que o seu neto e a súa filla pronuncien un discurso.

Ramón Lorenzo naceu en Eirapedriña, na parroquia amesá de Bugallido, onde comezou unha vida dedicada ao estudo e á defensa da lingua galega. Lorenzo é membro da Real Academia Galega, cofundador do Instituto da Lingua Galega e catedrático da Universidade de Santiago, o que o converte nun dos máis destacados coñecedores da nosa lingua e literatura. O seu compromiso e entrega ca comunidade valéronlle para facerse con varias distincións e recoñecementos, entre os que destacan o premio Trasalba que outorga a Fundación Otero Pedrayo, o Premio Brais Pinto ou a distinción como Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia. No acto estarán presentes o alcalde e os voceiros de todos os grupos que contan con representación.Tras a intervención institucional de cada un dos políticos, o grupo tradicional Os Retranqueiros de Ames será o encargado de poñerlle fin ó acto do Día Nacional de Galicia ca interpretación do Himno Galego.

25 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.